A 8 días de que finalice o crowdfunding, estamos enormemente contentas e orgullosas de que Montana Colors, unha das empresas líderes na produción e distribución de pintura de spray e referente internacional no apoio aos e ás artistas da arte urbana, colabore co Delas Fest 2020!
Grazas á súa xenerosa achega en especie, equivalente a 1.098 euros que xa foron descontados do orzamento óptimo do festival, contaremos co material preciso para desenvolver os obradoiros de iniciación e de perfeccionamiento de grafiti como para facilitar ás participantes na jam de improvisación pictórica a pintura necesaria para as súas intervencións.
Queremos agradecer de corazón ao equipo de Montana o seu interese e confianza nun proxecto pioneiro mais aínda pequeno como o noso así como todas as facilidades dadas! Nun contexto de crise como o actual, no que a incerteza semella o único evidente, resulta realmente reconfortante e motivador encontrar doses de empatía e apoio tan ilusionantes coma esta!