Estimados Amigos e Amigas,
gracias ás vosas aportacións a este proxecto xa sobrepasamos ampliamente a metade do necesario para alcanzar o mínimo, de feito, entre o aportado na plataforma e no recollido no noso local levamos 2.835 €uros o que ven a ser, casi, 3 tercios da cantidade precisa.
E AINDA FALTA UN MES
Pero non vamos a estar sentados esperando que iso se cumpla. Tal como é a nosa esencia, traballaremos día a día, ao tempo de ir xa debullando por donde vamos a ir tirar para realizalo docu (podedes ver un pequeno anaco no vídeo que acompaña a este post).
Cada palla ou palliña aportada a este proxecto vai facendo o palleiro da Memoria.
Por iso convidámosvos a que espalledes este proxecto documental polas vosas redes sociais, entre amigos e parentes ou simples coñecidos (LOLA facebook) para aqueles e aquelas que lles interese aportar algo a este proxecto. Ainda que sexan ánimos, que tamén fan falta moitos.
Moitas gracias a todas e todos. E seguimos contando co voso alento para que as velas sigan inchadas.