Debido ao estado de alarma actual, no que a saúde é a prioridade absoluta para tod@s, o proceso de fabricación das 4 carrilanas adaptadas do proxecto "Sentir a Carrilana" non se puido iniciar nos prazos inicialmente marcados.
O proxecto está GARANTIZADO mais deberemos adaptar os prazos unha vez se desactive o estado de alarma.
No aspecto económico restan 7 días para a finalización do crowdfunding e a día de hoxe logrouse acadar o obxectivo mínimo coa cantidade de 6.254 €
Aínda se pode pode colaborar co proxecto na seguinte ligazón https://www.goteo.org/project/sentir-a-carrilana
Queremos agradecer toda a colaboración prestada neste proxecto no que seguimos traballando, así como en todas as actividades que a entidade desenrola anualmente, sendo conscientes das dificultades que vivimos e agardando que tod@s esteades ben, pois os tempos de carrilanas e ocio, chegarán.
A.D.C. Esteirana de Carrilanas